Quenes somos?

    

 

   A Cultural Deportiva Beluso naceu en 1975, pola inquietude dun grupo de veciños da parroquia encabezados por Paco Guerra, que vían cómo os máis pequenos carecían da posibilidade de dedicar o seu tempo de ocio ao deporte ou actividades culturais.
A asociación comenzou por crear equipos de fútbol alevín, infantil e xuvenil partindo dun animoso grupo de rapaces que baixo o nome de “Mourisca” viñan participando nos campeonatos locais de Cangas. Catro anos depois formaron o equipo señor para darlles continuidade ás categorías inferiores.
Nos seus inicios tamén formaron equipos de balomán e desenvolveron variadas actividades culturais: visitas, charlas-coloquio e viaxes que aproveitaban para enfrontarse con equipos da talla como Spórting de Xixón, Oviedo, Rácing de Santander,…
Tiveron que “emigrar” a Cangas ante a imposibilidade de compartir as instalacións do Campo Municipal de Deportes de Bueu. Dous anos despois construíron un terreo de xogo en Udra, que, pouco máis tarde, a Federación declarou “non apto” para a práctica do fúbol, argumentando que o vento facía imposible o control do balón. Víronse obrigados a trasladarse de novo, esta vez para compartir durante sete anos o campo da parroquia do Hío (Cangas). Por fin, en 1986, conseguiron ter un propio, o de Laxes, en Cabalo (Beluso).


   Ao longo deste tempo certos futbolistas destacaron especialmente:
Salvador Menduiña, que chegou a xogar no R.C Celta de Vigo ata que unha inoportuna lesión truncou a súa carreira deportiva, Santi Domínguez, que xogou en diferentes equipos da Segunda B, Saúl Martínez ou Antonio Gómez (Toñito).


   A Cultural Deportiva Beluso estivo considerada durante moitos anos como unha das mellores canteiras de futbolistas de Galicia.